Wicho é unha persoa moi coñecida no mundo dos bloggers, contounos os seus inicios, dixo que o facía só por que lle gustaba pero que ó final foi ben, incluso dixo que algún día podería chegar a vivir do seu blog (www.microsiervos.com) pero que por agora non.
No seu blog falan de cousas curiosas e de interese para a xente. Por isto é un dos bloggs máis lidos en toda españa (contan con arredor de 500 visitas ou máis ao día).
Aparte de dedicarse ó seu blogg, Wicho traballa como informático nos museos da Coruña, vai de viaxe para dar discursos a outra xente e tamén vai a congresos de informáticos, onde se reúnen para falar sobre as novas tecnoloxías. Contounos que á ultima que foi regaláronlle un mini ordenador.
Aparte de todo isto tamén sabemos que lle dedica tempo á súa familia e que ten nenos, polo que nos contou pequenos.
Bueno ao que íamos, convidámolo a vir a Andaina para facerlle diversas preguntas sobre o que déramos na clase, e aínda nos picaba a curiosidade por saber máis do tema como por exemplo sobre os hakers e crackers. Preguntámoslle se el se consideraba algunha das dúas cousas e nos dixo que non se consideraba nengunha das dúas cousas a pesar de saber moito de informática.
Con él tamén falamos sobre o shareware, pero de aí eu non entendín moito, pero sei que dixo que lle parecía unha tontería descargar melodías de internet no móvil. Niso estou totalmente de acordo con el, a mín tampouco me parece útil descargar politonos no internet do móvil porque gastas dous euros ou máis por un trozo de canción, e aínda que esté de acordo con el niso, teño que dicir que eu descargo politonos no móvil (aínda que me pese moito dicilo).
Falamos tamén sobre o tema de Bolonia e dixo que aínda que non sabía moito do tema. Que seguramente o pensarían e ao final acabaran deixándoo como está (ou algo parecido dixo) .
Por último falounos sobre microsiervos, como buscaba os temas que lle interesaban, como os enlazaba con artigos de anos anteriores , como se levaba cos seus compañeiros (Alvy e Nacho), como o aconsellaban e como facía para actualizar todos os días o seu blog.
E non recordo nada máis :s
Saúdos.
Lauraa A.
LISTENING: JOBS
-
Listen and answer the questions.