Así que temos que convertirnos en xornalistas por un día...
Chegado este momento rebatiríalle a Ester que eu, como afeccionada ás ciencias,
non teño nin idea de cómo redactar unha crónica. Pero faremos unha excepción, xa que como demostrou o noso invitado, as ciencias son compatibles coas letras.
Wicho é un dos escritores do blog máis famoso de España, www.microsiervos.com
Nel, tratan diversos temas de actualidade. Pero ademais, traballa como informático nos museos científicos da Coruña, viaxa moito, vai a congresos, dá conferencias... e ten unha familia. Despois de todo, sigo sen entender de onde saca tempo...
Nós convidámolo a vir ó noso colexio para tratar os diversos debates que nos xurdiron estes días na clase, despois de estudar os tipos de software, as diferencias entre os diferentes tipos de delincuentes informáticos...
Sobre este último tema, preguntámoslle se se consideraba un hacker ou un cracker. Un hacker, obviamente, nunca se definiría así mesmo como tal, polo que a pregunta xa quedaba contestada. E cracker tampouco, xa que é aquel que realiza delitos informáticos e o noso convidado asegurou non ter cometido ningún.
En canto ó tema do shareware (software que ten como característica salientable a opción de pagar por el voluntariamente), sorprendeume a súa maneira de enfocalo. Eu pensaba que ninguén ía pagar un software por "amor ó arte". Sinceiramente, se alguén ten a posibilidade de obter algo gratis, faino. Mais Wicho comparou o feito de pagar o shareware con mercar un politono. E si, ten razón. É absurdo, se a xente merca un politono por 1 euro, por qué non vai pagar por shareware? Se é, tamén, algo moito máis útil.
Ademais, interesámonos sobre a grande ampitude de temas de información que abarca o seu blog e de cales son as súas fontes de información. Revelounos que a diario reciben correos electrónicos con noticias curiosas, WTF (What the Fuck?), etc. , que eles len e tratan de poñer no blog. Mais é tal a cantidade de información que reciben, que ás veces non lles dá tempo a poñer todas as novas. Tamén intentan manterse ó tanto dos últimos sucesos de actualidade para non perder o fío.
Sobre o tema do tratado de Bolonia ( ver: http://es.wikipedia.org/wiki/Declaraci%C3%B3n_de_Bolonia ), recoñeceu que aínda non estaba moi informado, mais pensa que se trata dun erro e que o que fixo o Goberno foi implantar unha lei antiga que non recollía a carreira de informática, mais que pronto modificarán o acontecido.
Wicho. É un bo nome. Sona ben, asi como "Wiiiiiichoooo..". Que pena non terlle preguntado de onde ven...
LISTENING: JOBS
-
Listen and answer the questions.
No hay comentarios.:
Publicar un comentario